XERARDOR DE IMAXES
Todos están moi ben pero hai algúns que entenden mellor o que se lle di que faga. Pedinelle aos seguintes xeradores de imaxes que crearan unha foto de Luka Doncic subido nun rinoceronte na costa albanesa. A continuación vou a resumir un pouco o que me pareceu dos xeradores de imaxes que utilicei:
1- Idoegram: Para min foi o mellor xa que era o que creaba as imaxes mais realistas e non parecían tanto un debuxo. Unha cousa boa que tiña era que por catro imaxes só gastabas 2 créditos, da 10 créditos a semana e as imaxes que crea soen ser bastante realistas. Unha cousa mala é que non recoñece a todolos famosos, polo menos a Luka Doncic.
2-
Leonardo.Ai: Pareceume que era moi bo pero as imaxes que creou non son case realistas. Neste caso fixo a "Luka Doncic" bastante realista (para o meu gusto) pero o rinoceronte si que se nota que é un debuxo e non unha posible foto real. Outra cousa que non me gustou moito é que as imaxes que crea son moi parecidas. Falando dos créditos, non está mal xa que crea 4 imaxes por 40 créditos e ten 150 créditos ao día mais ou menos. Ao igual que Ideogram non recoñeceu a Luka Doncic.
3- Qwen: Pareceume moi boa pero as imaxes que creou non son para nada realistas e non fixo nin o rinoceronte nin a "Luka Doncic" realistas. O mellor que ten esta IA en comparación coas outras é que non ten créditos, é dicir, podes facer as imaxes que queiras. Ademais ten un modo co cal podes crear vídeos e texto.
4-
Stable Diffusion: Está ben se buscas unha imaxe que non sexa moi realista. Ao igual que todas, non coñeceu a Luka Doncic. Os créditos están ben xa que por cada imaxe gastas só un crédito é cada día danche 10 créditos cousa que está moi ben. Unha das mellores cousas que ten é que ten varios estilos para crear a imaxe pero aquí estou calificando o estilo por defecto.
5-
Adobe Firefly: É pouco real pero o que máis lle pasa é que a cara daspersoas non son para nada reais. Hai veces que a persoa non sae é o rinoceronte sae incompleto. Evidentemente non coñeceu a Luka Doncic. O mellor que ten é que podes añardir texto e podes convertir en vídeo a imaxe despois de creala. Os créditos están ben para a calidade da imaxe.
6-
Mid Journey: É a menos real de todas. Parece un debuxo máis que unha imaxe o cal non estaría mal para certas cousas, pero eu aquí busco que sexan o máis real posible. Non coñeceu a Luka Docic, de feito, confundeuno con Lebron James. Falando dos créditos está bastante mal aínda que non sei o número exacto.
7- Krea.ai: Non deixa entrar en google polo que tiven que utilizar mozilla firefox. A imaxe non está mal, fixo o que se lle pediu e, ao igual que todas, non coñeceu a Luka Doncic. Conta con 40 créditos únicos o cal non está mal pero ao xuntarse coa mala visión en google baixalle moito o nivel en comparación coas outras.
8- Dall-E: Ao ser de chat gpt non deixa entrar nos ordenadores escolares, polo cal non teño foto e non o podo calificar.
Comentarios
Publicar un comentario